O Nicrarock e a Noite Folk aprázanse ao 2021

0

Negreira, 1 de xuño do 2020 – O concello de Negreira ven de aprazar para o 2021 dous dos festivais emblemáticos da bisbarra, o Nicrarock e a Noite Folk.

A Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, debido a situación sanitaria da Covid-19, vese na obriga de cancelar as dúas principais actividades musicais do programa Verán Cultural, o Nicrarock, no mes de xullo e a Noite Folk, en agosto.

O Nicrarock e a Noite Folk aprázanse ao 2021

Imaxe de arquivo da Noite Folk 2018 con Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre

A difícil situación que se vive desde hai máis de dous meses impide levar a cabo con garantías este tipo de eventos. As dúas citas recibían a gran número de asistentes nos últimos anos, polo que despois de valorar todas as posibilidades o concello decidiu facer un “exercicio de responsabilidade e sentido común, e tomouse a decisión de adiar ata o 2021 os dous festivais”.

O concello destaca que tiveron en conta o difícil momento do sector cultural “esgotáronse todos os prazos e baralláronse distintos escenarios, chegando a conclusión de que non se podía garantir estes dous eventos nas mellores condicións. Para apoiar aos grupos, comprometémonos en manter as actuacións confirmadas nesta edición para o 2021”.

Nicrarock

Este festival tiña para este ano, un cartel de luxo con Sés, Monolious Dop e Grilo, o que prometía una xornada festiva no mes de xullo co selo 100% en galego.

Noite Folk

Despois do rotundo éxito da pasada edición, o Concello de Negreira apostaba forte por este festival coa presenza de Luar na Lubre, Treixadura e TNT. O Refuxio de pescadores de Covas, terá que agardar ao vindeiro ano para desfrutar das mellores formacións do país.

O Concello de Negreira quere tamén agradecer a comprensión da veciñanza e do público, e tratará de programar para os meses estivais actividades cun formato máis pequeno que garanta actuacións coas debidas medidas sanitarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial