Negreira comunica os horarios de atención a veciñanza sobre o catastro

0

Negreira, 11 de Maio do 2017 – O Concello de Negreira informa que na próxima semana porase en marcha un servizo de atención aos veciños sobre o catastro.

O asesoramento dos veciños é consecuencia dos traballos de revisión catastral que se están a levar a cabo en Negreira. O concello quere que os veciños obteñan a mellor información e saiban como lles pode afectar dita revisión polo que pon en marchar este servizo de asesoramento que resolverá as dúbidas e axudará a poñer as reclamacións que foran oportunas dispoñendo ademais dos impresos necesarios.

As reunións terán lugar na Casa da Cultura, na aula de informática da primeira planta, por parte do persoal da empresa Serteco e as datas e horarios serán os seguintes:

Datas: Luns 15, xoves 18 e venres 19 de maio.

Horario: De 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 18:00 horas.

No citado horario de atención ó público poderase solicitar cita previa para seres atendidos noutro momento.

 O Concello de Negreira informa tamén que no suposto de non ser suficientes os días de atención á veciñanza, este servizo atendido por dous técnicos será ampliado a máis xornadas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies