Negreira conta xa cunha rúa máis

0

Negreira, 10 de xullo do 2018 – O concello conta xa cunha nova rúa, urbanizada polos propios veciños da zona.

Trátase da ampliación e asfaltado da rúa Cidade Vicente López ata a confluencia coa avenida de Vilachán e a chamada Serzedo, precisamente o asfaltado incluíu tamén a está última.

A obra tivo un investimento de máis de cen mil euros sufragados polos propietarios dos terreos. Non só se asfaltou xa que a obra instalou tamén canalizacións para augas pluviais e beirarrúas nun dos lados.

A nova estrada terá sentido único de circulación desde a Carreira de San Mauro e dobre sentido no enlace coa avenida de Vilachán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial