Negreira contrata o mantemento de pistas e camiños correspondente ó PAS

0

Negreira, 28 de xuño do 2017 – O concello de Negreira ven de contratar as melloras en camiños e pistas municipais incluídos nos plans da Deputación.

O Concello de Negreira vén de formalizar a contratación do proxecto: Trátase  do mantemento de estradas correspondentes ao Plan de Acción Social, o PAS, posto en marcha no 2015 e financiado polo organismo provincial.

Este proxecto inclúe as seguintes actuacións: Camiño peonil de Maio Pequeno ata a fonte-lavadoiro; camiño peonil en San Tomé; pista de acceso en Gonte, ata a fonte-lavadoiro; pista de acceso a Lueiro dende os depósitos municipais; pista á fonte no núcleo da Barquiña; canalización e pista dende os depósitos municipais en San Martiño, e pista de acceso ao monte da Pena e repetidores.

O contrato ten data de 1 de xuño e o importe total é de 168.128,73 euros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies