займ срочно

XIII Feira do Románico de Negreira

0

Negreira, 7 de agosto do 2019 – A decimo terceira Feira do Románico de Negreira celebrarase desde o próximo 30 de agosto ata o 1 de setembro.

O concello busca en esta edición consolidar un crecemento en postos e en calidade. A empresa Legend, con máis de 20 anos de experiencia, será a encargada de organizar a Feira do Románico aportando interesantes novidades. Un dos espectáculos que máis público atraerá será o das xustas a cabalo que se celebraran sábado e domingo. A procesión dos errantes será outro dos eventos que servirá ademais para pechar a feira.

Crecer e mellorar

Negreira presentación Feira do RománicoO alcalde, Manuel Ángel Leis,  explicaba o interés do concello en subir o nivel de calidade da Feira pero tamén ampliala, na medida do posible, en número de postos.

A preguntas dos xornalistas explicaba tamén o esforzo que se ven facendo nos últimos anos para que os postos sexan rigorosos coa ambientación. sobre todo a musical, e para que o civismo esté presente en todo momento

Un cartaz xa distintivo

O cartaz da Feira é cada ano un dos símbolos que a identifican. Sempre se rende homenaxe a un persoaxe e este ano trátase do trobador Afonso Eanes do Cotón. Os modelos escollidos foron María, Alexandre e Bocinas. Desde o concello agradecen a colaboración de Chimpos que cedeu os traxes e de José de Nebra, artesán de Porto do Son que cedeu unha zanfona. A imaxe é de Bouzada de Diadelei Fotografía.

Cartaz Feira do Románico de Negreira

Actividades para todos os gustos

 

Coma sempre a Feira terá todo tipo de actividades. Postos de artesanía, un espazo para os máis pequenos cunha tirolina. Cetrería, tiro con arco. Ambientación musical e de circo pola rúas, etc. Este ano a diferenza a marcarán as xustas a cabalo que terán lugar o sábado pola tarde e, en dúas ocasións, o domingo.

Todo desde o venres 30 ao 1 de setembro en Negreira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies