Negreira distribúe material de protección entre os comercios

0

Negreira, 14 de maio do 2020 – Negreira colabora na reapertura dos negocios locais da vila co reparto de packs de material de protección.

A iniciativa cumpre coa solicitude da Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), cuxa presidenta Brenda Wilhelm, asistía ao acto formal de entrega deste material por parte do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis.

Negreira distribúe material de protección entre os comercios

Máis de 200 locais

Este reparto é realizado por voluntarios de Protección Civil de Negreira en mais de douscentos establecementos. Cada pack inclúe: Dúas pantallas faciais; un xel desinfectante e, dúas máscaras modelo FFP2.

Desde o Concello que reiterar “o noso apoio ao tecido comercial e empresarial de Negreira para que poidan retomar a súa actividade coas maiores garantías de seguridade e hixiene ante o proceso de desescalada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial