займ срочно

Negreira entrega o IX Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro

0

Negreira, 4 de marzo do 2021 – Este venres 5 de marzo o concello de Negreira entrega os premios do noveno Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro.

O López Ardeiro que entrega Negreira é o que corresponde ao ano 2020 que, por mor das restricións da pandemia, tívose que retrasar ata este primeiro venres do mes de marzo.

O acto levarase a cabo no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, a partir das 19:30 horas e estará amenizado coa actuación musical do dúo Minguante.

O presidente do xurado, José Antonio Ponte Far, será o encargado de facer unha lembranza do percorrido do certame con referencias á figura e obra do poeta Ardeiro. O xurado está integrado ademais por: Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela. En total na presente edición presentáronse un total de 34 poemarios.

Os premios contan cunha dotazón económica de 700 e 300 euros, respectivamente, para o gañador/a e mailo finalista, que concede o Concello de Negreira, así como a edición do poemario gañador por parte da Dirección Xeral de Políticas Culturais (Xunta de Galicia), coa posterior entrega de trescentos exemplares.

O acto contará entre outros coa participación do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies