Negreira epicentro da ximnasia rítmica da bisbarra

0

Negreira, 4 de maio do 2019 – Negreira convértese esta fin de semana na capital da ximnasia rítimica da bisbarra co  II Torneo Interescolas e a VI Gala e III Torneo de Ximnasia Rítmica Vila de Negreira.

O evento, organizado polo Concello e o Club de Ximnasia rítmica Compostela, constitúe xa unha actividade consolidada no calendario deportivo do municipio. Este ano congrega no pavillón municipal de Pedra Mámoa a máis de 900 deportistas dispostos a dalo todo nas

diferentes categorías.Aros, mazas, pelotas, cintas ou cordas serán as ferramentas das distintas exhibicións que se farán os dous días.

Hoxe sábado, ás 10:00 horas, comeza a programación co II Torneo Interescolas Ximnasia Rítmica, que rematará ás 14:00 horas. Na terceira fase deste campionato participarán un total de 400 ximnastas, procedentes de diferentes clubs de Galicia.

Ás 16:30 horas terá lugar o III Torneo de Ximnasia Rítmica Vila de Negreira, que rematará ás 20:30, e que contará coa participación de 300 deportistas. Os torneos contarán cun xurado conformado por 5 membros.

Para rematar a fin de semana, mañá domingo celebrarase a VI Gala de Ximnasia Rítmica Vila de Negreira ás 11:30 horas, coas exhibicións de 280 ximnastas. “En Negreira xa é un clásico acoller estas competicións. É de agradecer contar co Club Ximnasia Compostela para este tipo de actuacións, que serven para impulsan aos nosos deportistas”, explicou Jorge Tuñas Caamaño, alcalde de Negreira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial