Negreira, 9 de xuño do 2020 – O concello de Negreira ven de fallar o concurso Negreira en Cor que remataba en maio pero ampliou o prazo por mor da crise do Covid19.
Negreira en Cor tivo que deixar deserta a categoría de 13 a 18 anos pola baixa participación. Tamén quedou sen asignar o certame de contos “Cóntame un conto” polo mesmo motivo.
Os gañadores na categoría de de 6 a 12 anos foron os seguintes:
1º Premio dotado de 200€ – “Fermoso atardecer”, de Andrea Pais Souto (11 anos), de Negreira.
2º Premio dotado de 100€ – “Cor esperanza”, de Lidia Núñez Forján (7 anos), de Luaña-Brión.
3º Premio dotado de 50€ – “A danza infinita”, de Ayla Amigo Agra (11 anos), de Milladoiro-Ames.
Dende a Delegación de Cultura agradecen a participación e emprazan a todos ao vindeiro ano 2021. Os premios serán entregados nunha próxima data por determinar, a cal será comunicada ás gañadoras.