Festival da Asociación Gazafellos en Negreira

0

Negreira, 14 de xaneiro do 2020 – A Asociación Cultural Gazafellos do Val organiza un festival para recadar fondos que financien as súas actividades ao longo do presente ano.

O festival Gazafellos será este venres, día 17, a partir das oito e media da tarde no Auditorio novo de Negreira.

No concerto participarán bandas da zona, de moitas idades e estilos diferentes: A Baroubanda (Ames), 400 Golpes (Negreira), Narci Rodríguez (Noia), o Picoro (Noia), o Coro da Escola de Música de Negreira, @s Garuleir@s (Negreira) e Minguante (Negreira).

A entrada custará 5 euros (3 euros para nen@s menores de 10 anos).

Festival Gazafellos do Val

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial