займ срочно

Negreira formará ao seu persoal en materia de igualdade de xénero

0

Negreira, 21 de febreiro do 2019 – Os traballadores do concello de Negreira recibirán formación en materia de igualdade de xénero.

As xornadas formativas comezaran hoxe mesmo e continuaran mañá día 22 e o próximo día 28. O obxectivo e dotar aos empregados de coñecementos básicos en materia de igualdade.

A iniciativa enmárcase no proceso de avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades e a elaboración do IV Plan do municipio. O alcalde, Jorge Tuñas, explica que “Entendemos que tanto a sensibilización como a formación en materia de igualdade deben ser algo básico e fundamental para unha mellor e óptima atención ao público. Nestes intres onde se pon en dúbida por parte de algún actor político a necesidade deste tipo de accións, o noso goberno entende que é cando as administracións públicas máis deben apostar polas mesmas. Aínda máis se dita administración está gobernada polo partido político que máis sensibilización ten cara esta problemática tan arraigada na nosa sociedade”.

Dirixida ao persoal técnico e político

Un total de 125 persoas asistirán a estas sesións formativas que terán lugar na Casa da Cultura. Asistirán aos talleres o persoal técnico, de administración, obras, limpeza, axuda a domicilio, escola infantil, escola de música, policía local, radio, e alumnado e profesorado do obradoiro de emprego, así como as persoas que forman parte do equipo de goberno. Configuraranse ata seis grupos diferentes para asistir ao que será unha primeira aproximación ao significado do principio da igualdade entre mulleres e homes e á toma de conciencia da existencia de desigualdade e discriminación.

Esta proceso formativo pretende cambiar, según o equipo de goberno, prácticas profesionais a partir da toma de conciencia dos estereotipos e condicionantes de xénero que imperan na sociedade e na práctica profesional diaria. O remate do proceso será a elaboración do IV plan de igualdade entre mulleres e homes do Concello de Negreira.

Con esta formación o Concello de Negreira é pioneiro entre os concellos das súas características. Desde o equipo de goberno consideran que “conseguir a igualdade real e efectiva na sociedade actual require non só do compromiso dos poderes públicos, senón tamén das persoas, da cidadanía; neste caso concreto, da implicación e compromiso de traballadores e traballadoras do Concello, porque coa igualdade gañan todas as mulleres e homes de Negreira”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies