O concello de Negreira homenaxeará a Feiraco polos seus 50 anos de traballo

0

Negreira, 23 de novembro do 2018 – O concello de Negreira organiza un acto de recoñecemento á Cooperativa Feiraco, con motivo do seu 50 aniversario, e por toda a súa traxectoria e a súa contribución á veciñanza de Negreira, o próximo venres día 30 de novembro.

Os actos da homenaxe a Feiraco comezarán as oito e media da tarde coa descuberta dunha figura conmemorativa nos xardíns da avenida de Santiago (fronte a Casa Barqueiro). Media hora despois, as nove da noite, terá lugar o acto central no Auditorio do Centro Sociocultural.

O Concello de Negreira convida a toda a veciñanza a asistir a este acto de recoñecemento á Cooperativa Feiraco, que deu os seus primeiros pasos un 20 de outubro de 1968 no antigo Casino de Negreira, con arredor de medio cento de persoas que nomearon ao finado, Jesús García Calvo, xurista, rexistrador da Propiedade e intelectual agrarista, como primeiro presidente, e sendo primeiro secretario, Maximino Viaño.

A constitución definitiva de Feiraco como cooperativa non chegaría ata o ano seguinte. Concretamente, o día 6 de xuño de 1969 nunha asemblea celebrada no cine Gran Vía, con aforo suficiente para acoller aos 407 socios fundadores. Unha década despois, a cifra superaba os sete mil socios e a facturación do exercicio económico do ano 1977 alcanzou os 1.164 millóns de pesetas. Despois virían a fábrica de pensos, na Pontemaceira, xa no concello de Ames, mediante un crédito de 12 millóns de pesetas avalado co patrimonio de Jesús García Calvo e Maximino Viaño e, maila posterior industrialización do proceso do leite para o seu envasado e posta á venda no mercado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial