займ срочно

O Agrón CF e o Concello de Negreira celebraron a I Xornada pola Igualdade no Deporte

0

Negreira, 24 de setembro do 2018 – O Agrón Club de Futbol e o Concello de Negreira celebraron este sábado, no Parque do Coto, A I Xornada Pola Igualdade no Deporte.

Esta primeira Xornada pola igualdade tiña como eixe central a lectura dun manifesto, promovido desde o Consello Superior de Deportes e lido e distintas partes de España, no que se defende a igualdade e a participación da muller no deporte. A xornada contou coa participación de distintos clubs e deportistas do concello, tanto en activo como retirados.

Jorge Tuñas, alcalde de Negreira

Desde as seis da tarde o Parque do Coto bulía de actividade co circuíto de cross training deseñado polo Cross Class de Negreira. As sete comezou o acto cunhas palabras de Silvia Fadeville, xestora deportiva e recoñecida figura do deporte nicrariense. A continuación Alba Varela e Silvia Pena do club Viravolta fixeron unha demostración de ximnasia rítmica que dou paso a unhas palabras de Nacho Tuñas, que fora adestrador do primeiro club feminino de A Baña, o primeiro da bisbarra. O club de karate Akai Ryu Karate fixo despois unha demostración e a súa directora, Ainhoa Rodríguez con máis de 28 anos de experiencia na ensinanza de esta arte marcial, dou a súa visión da integración da muller no deporte.

Diego Rama, responsable do Agrón CF

Diego Rama, polo Agrón CF, e Jorge Tuñas, alcalde de Negreira pronunciaron sendos discursos que serviron de preámbulo a lectura do manifesto. A xornada rematou con dous partidos de fútbol nos que participaron xogadoras do Gaiola, o Fisobal e o propio Agrón e, xa no segundo, políticos, público e participantes de distinto tipo como mostra de esa igualdade que o acto procuraba.

A guinda e a despedida a puxeron as pandereteiras de Limagoia que pecharon o acto con dúas pezas.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”93″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies