Negreira inaugura a exposición do fotógrafo de Mauthausen

0

Negreira, 8 de abril do 2019 –  A Casa da Cultura do Concello de Negreira acolle a partir das 8 de esta tarde a inauguración da exposición do fotógrafo catalán Francesc Boix, preso e retratista dos horrores do campo de concentración nazi de Mauthausen.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e o Concello de Negreira organizaron a mostra destas fotografías, que foron parte das probas no xuízo de Núremberg, e que pretenden amosar a realidade dos españois nos campos de concentración e de exterminio

nazis. En Galicia foron deportadas 179 persoas, das cales morreron 106, o que constitúe unha taxa de mortalidade do 59%. Esta exposición serve de axuda nas investigacións sobre a historia dos galegos e galegas que pereceron nos campos de exterminio, e aos que agora se quere homenaxear.

Na inauguración da exposición tamén se proxectará o vídeo documental “Francisco Boix, un fotógrafo en el infierno”. Intervirán o alcalde do municipio, Jorge Tuñas Caamaño, a investigadora galega da ARMH, Carmen García-Rodeja, e os familiares dos deportados. No acto tamén

haberá unha actuación do grupo Na Quinta.

O día 10 continuarán as actividades coa conferencia da investigadora María Torres ás 20:00 horas. Nela falarase dos deportados aos campos de concentración.

Completará a mostra a proxección da película “El fotógrafo de Mauthausen”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial