Negreira inviste en obras de seguridade viaria e saneamento

0

Negreira, 25 de febreiro do 2019 – Negreira inviste máis de 750.000 euros para acometer diversas obras de mellora da seguridade viaria e saneamento en distintos lugares do concello.

Esta semana celébranse as mesas de contratación para adxudicar as obras  do Plan Complementario da Deputación da Coruña correspondente aos exercicios 2017 e 2018, e adxudicar así mesmo o Plan Único de concellos do 2018.

As obras do Plan Complementario do 2017 incluirán os proxectos de asfaltado de varias pistas, cun orzamento de licitación de 131.076,71 euros; o do 2018 conterá o establecemento de recollida de pluviais na Avenida Feiraco, novos colectores en Gonte e Gándara, e o saneamento e instalación da depuradora en Zás por importe de 191.774,51 euros.

Por outro lado, dentro do Plan Único do 2018 abarcaranse tamén outros asfaltados de pistas municipais que sumarán 317.944,05 euros e a construción dun muro de contención en Redemuíños  (parroquia de San Martiño de Broño) cun custo de 34.343,72 euros.

A este conxunto de iniciativas tamén se suma a senda peonil da estrada provincial DP-1302 que vai desde o campo da feira de Negreira ata o lugar da Aveanca e cuxo precio de adxudicación se cifrou en 78.710,34 euros, a cargo da Deputación da Coruña.

“Estas obras son un importante paso para a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do Concello, algo no que levamos traballado moito ao longo dos catro anos de lexislatura a pesar das trabas que nos atopamos cando chegamos ao Concello, debido á gran débeda na que estaba inmerso, e que a día de hoxe soubemos rebaixar considerablemente. É nesta liña na que temos que seguir traballando”, recalcou o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial