займ срочно

Negreira acolle a proba número 11 da Liga de Agility

0

Negreira, 19 de xuño do 219 – O concello de Negreira acollerá o 14 de xullo, en horario de mañá,  unha proba da Liga Autonómica de Agility.

O campo municipal Jesús García Calvo, no Complexo Deportivo de Pedra Mámoa, é o lugar elixido. A cita coa undécima proba da Liga Autonómica de Agility será en horario de mañá. A competición está organizada polo Club de Agility Mascoguaou, en colaboración co Concello de Negreira, e o apoio de diversas firmas comerciais.

O Agility é un deporte en auxe e no que participan cans e persoas. Consiste en guiar ao can para que percorra un circuito cheo de obstáculos, no menor tempo posible, coa maior precisión e co mínimo número de erros ou faltas.

O director da proba será o presidente do Club Mascoguaou, Jorge Vázquez Álvarez, quen forma parte do Comité Organizador xunto ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Díz, o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José Moure Caneda, e mailo presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar. Actuará como xuíz da proba, Félix Fernández Traseiras.

Horario da proba

09.30 horas – Entrega de documentación

10.00 horas – Promoción

12.00 horas – Competición

14.00 horas – Iniciación

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies