Negreira rende tributo no Nicrarock a grandes bandas do rock

0

Negreira, 13 de xullo do 2017 – O Nicrarock convértese mañá venres nun Festival tributo e rendirá homenaxe a grandes bandas da historia do rock.

O Nicrarock é un dos Festivais máis importantes da bisbarra e desde o primeiro momento intentou dar unha oportunidade a grupos amateur de compartir escenario con outros profesionais.

A edición 2017 do Nicrarock da un xiro importante no seu contido e vai a ser un festival Tributo, en homenaxe a dúas das formacións máis importantes da historia da música: QUEEN e AC/DC. A cita este venres 14 no Parque do Coto a partir das 22.00 horas e entrada de balde.

Os artistas

Mckuin chega desde Ferrol e está considerado un dos mellores grupos tributo a “Queen”, de España. Despois de 17 anos sobre os escenarios, tocaron nos mellores festivais e nas máis importantes salas de concertos da nosa xeografía. Este ano encabezan o nicrarock.

Riff Raff levan 22 anos sendo a mellor banda tributo do país. Fundada en 1995 por Toñito e Tomás, cantante e guitarrista do grupo, tocaron por toda Galicia e a península Ibérica, teloneando a grandes bandas como Whitesnake, Los Suaves, Rosendo e moitos máis. O resto dos seus membros son: Sergio Vázquez (baixo); Roberto Pérez (guitarra), e Sito Sandá (batería). Unha banda coa que podes pechar os ollos e sentir que escoitas ós auténticos AC/DC en Negreira.

 Pechan o cartel do Nicrarock 2017 Calle del ruido, unha banda que fusiona rock, metal e efectos dixitais coa fin de crear un estilo persoal e difícil de clasificar. Foi fundada en xaneiro de 2010 por Tomás Parrado, a cal se uniron posteriormente Enrique Tilve, Manuel Martínez e Antonio Rebolo, tendo a súa orixe en Meis (Pontevedra).Tras actuar en directo en  distintos festivais, salas e locais, presentando repertorio e facendo unha primeira toma de contacto co público, a finais de 2011, deciden grabar a súa primeira maqueta, de corte máis persoal.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies