займ срочно

Continúan as obras nas sendas cara Fisterra en Negreira

0

Negreira, 19 de maio do 2020 – A Deputación da Coruña retomou os traballos nas sendas cara Fisterra no concello de Negreira.

As obras teñen un orzamento de 678.931 euros e abarcan 5 quilómetros de sendas peonís na estrada DP5603, de Negreira a Marco do Condado, pola que discorre o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Continúan as obras nas sendas cara Fisterra en NegreiraA este orzamento hai que sumar outros 119.116 euros que a institución provincial xa destinou á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realízanse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos: 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies