Negreira leva os orzamentos a un pleno con nova ubicación

0

Negreira, 12 de xuño do 2020 – O concello de Negreira levará o próximo luns os orzamentos a un pleno que se celebrará no Auditorio para manter as medidas hixiénicas necesarias.

Nun decreto da alcaldía o concello informaba esta semana do cambio de ubicación pola crise sanitaria do Coronavirus. No decreto explícase que o salón de sesións do casa consistorial non permite manter a distancia mínima obrigatoria o pleno extraordinario do luns 15, as oito da tarde, celebrarase no Auditorio da Casa da Cultura, na Carreira de San Mauro.

Orzamentos, POS e terrazas

O pleno extraordinario que comezará as oito ten unha orde do día moi cargada. Por unha banda aprobaranse os proxectos presentados aos plans adicionais da Deputación e que xa foron enviados por medio de decreto de alcaldía. Entre outros está o aglomerado da avenida de Santiago; asfaltados e hormigonados en distintas pistas municipais e unh obra de saneamento en Negreiroa.

A continuación será derogado o decreto que regula a taxa de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, que eliminara polo presente exercicio a taxa das terrazas.

O pleno ademais aprobará inicialmente os orzamentos para o presente exercicio. Un documento no que o equipo de goberno leva traballando meses e que por culpa da crise sanitaria non puido ir a pleno.

Sorteo das mesas electorais

Unha hora antes do pleno de orzamentos, as sete, celebrarase outro de puro trámite xa que só realizará o sorteo para as mesas electorais dos comicios de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial