Negreira actualiza os recibos do saneamento e pecha os pagos do 2019

0

Negreira, 14 de xaneiro do 2020 – O concello de Negreira celebrou un pleno no que aprobou a suba dos recibos do saneamento e o pago de facturas pendentes do 2019.

O custo do saneamento subirá, de media según o consumo, dous euros e medio o mes. Este incremento ven derivado da necesidade de bombear as augas desde o Campo da Feira ata a depuradora. Un sobre custo cifrado en 89.000 euros ao ano.

Tamén sube a tasa por alcantarillado que non se actualizaba desde 1989. En este caso a suba mensual será dun euro e medio.

Pleno saneamento en Negreira

Imaxe de arquivo dun pleno en Negreira

Pago de facturas

O pleno aprobou tamén un recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de máis de 600.000 euros. Son facturas do 2019 que non tiñan consignación orzamentaria e que corresponden na meirande parte a gastos de electricidade, Sogama ou persoal de limpeza.

Esta cantidade será compensada co remanente de tesourería unha vez aprobada a conta xeral do 2018 actualmente en exposición.

Asociación de Municipios do Camiño Fisterra Muxía

O pasado mes de decembro tiña lugar en Dumbría a primeira reunión da Asociación de Municipios do Camiño Fisterra Muxía. Onte o pleno nicrariense aprobaba a participación do concello en dita Asociación como socio fundador.

O organismo naceu co apoio da Deputación da Coruña coa finalidade de aunar esforzos, protexer e promover o patrimonio histórico e natural e axudar aos peregrinos que percorran esta ruta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial