Ponte Maceira recibirá o galardón de ser un dos “Pueblos Más bonitos de España” o 1 de agosto

0

Negreira, 27 de xullo do 2020 – O sábado 1 de agosto Ponte Maceira será distinguida como un dos Pobos máis fermosos de España, nun acto organizado polo Concello de Negreira e a Asociación “Los Pueblos Más bonitos de España”.

A partir das 22:00 h están programado o acto, no que despois da intervención das autoridades, realizarase a descuberta do cartel que acredita á pequena localidade de Ponte Maceira, como un dos lugares máis fermosos e singulares de España.

A continuación terá lugar a actuación do cuarteto de arpas “Lulavai”, e o acto pecharase coa tirada de fogos de artificio.

Para poder asistir, hai que retirar os convites na Delegación de Cultura e Deportes, xa que por motivos sanitarios haberá prazas limitadas coas medidas de seguridade oportunas.

Na actualidade só dous pobos de Galicia ostentan dito galardón Ponte Candelas e Mondoñedo, e Ponte Maceira convértese no primeiro da Provincia de A Coruña.

Un enclave máxico

Hai moitas lendas arredor da Ponte, a tradición Xacobea fala de que foi derrubado aplastando entre as súas lousas os soldados do “régulo de Dugium” que perseguían aos discípulos do Apóstolo Santiago, despois de ser liberados da prisión por un anxo. Son moitos os autores que lle outorgan orixe romano, xa que é habitual a atribución dunha base romana a maioría das grandes pontes medievais. O que non é cuestionable é a orixe medieval da estrutura actual, que data dos séculos XIII-XIV, debido á necesidade da mitra de comunicar Santiago de Compostela cos portos occidentais.

A ponte, chamada Ponte Vella, conta con cinco arcos principais de sillería de seis a dez metros e dous de aliviadoiro, dividindo os municipios de Negreira e Ames. A súa estabilidade, grazas á cimentación da parte dos pilares sobre a rocha nai, fixo que se mantivera en pé o longo dos seus anos de servizo. Foi esceario tanto do incesante paso de pelegríns, como da batalla entre as tropas da mitra Compostelana e as do Conde de Altamira.

A aldea de A Ponte Maceira, é un dos conxuntos mellor coidados de todos os Camiños de Santiago. Ademais da histórica ponte, os antigos muíños a carón do río, os hórreos, pombais, a capela de San Brais, a igrexa románica de Santa María de Portor e o Pazo de Baladrón, conforman un dos conxuntos histórico artísticos de maior relevancia de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial