Negreira, 15 de agosto do 2018 – O concello de Negreira ven de poñer en liña un mapa con tódolos recursos turísticos do municipio xeolocalizados.
O departamento de turismo de Negreira creou o mapa coa intención de que fora fácil de consultar e tamén de actualizar. O recurso quere recoller os sitios máis fermosos para visitar do noso concello, as rutas para percorrer, pero tamén a información básica e localización dos servizos e equipamentos do concello.
Para que a información sexa máis accesible esta agrupada en distintos temas como que facer, que visitar, onde aloxarse, onde comer, onde tomar algo e un grupo que inclúe a información e localización dos servizos do concello, o trazado do camiño de Fisterra-Muxía e a situación das parroquias. Os grupos de información poden ser desactivados e deixar a vista só a información que se precise en cada momento. O plano está creado sobre google o que facilita a súa consulta en móbiles ou tablets.
O concello pide a colaboración da veciñanza para resolver posibles erros e engadir recursos, só é preciso enviar un correo electrónico a turismo@concellodenegreira.es.
Acceso ao mapa