Negreira remata as actividades deportivas e culturais

0

Negreira, 6 de maio do 2020 – O concello de Negreira da por rematada, debido ao estado de alarma, a campaña de actividades municipais 2019 – 2020.

Unha vez xa canceladas as escolas deportivas municipais Negreira suspende agora as de pintura e debuxo; teatro; informática; baile tradicional; pandeireta e sevillanas.Tamén se suspenden o Ciclo de Teatro previsto para o mes de maio e mailo Día da Muiñeira que se ía a celebrar na primeira fin de semana do mes de xuño.

Torneo Ibérico

A celebración do Torneo Ibérico de fútbol veterano que se ía a disputar en Negreira no mes de xuño, tamén se ten que pospoñer para o ano 2021. Nesta edición, na que o equipo anfitrión era o Negreira Veteranos, terase que celebrar o vindeiro ano a espera de que se normalice a actividade deportiva e competitiva.

Desde as localidades portuguesas de Marinha Grande e Sércedo, enviaron unha mensaxe de ánimo á veciñanza de Negreira e, en particular, ao Negreira Veteranos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial