Este venres Rock na Noite en Negreira

0

Negreira, 16 de xullo do 2020 – O concello de Negreira segue coas actividades de verán e este venres é unha cita coa música en directo, o Rock na Noite.

O Parque do Coto de Negreira acollerá a partir das once menos cuarto da noite un concerto no que o rock será o protagonista. A pandemia obriga a manter as medidas de seguridade e tamén dalle máis presenza a grupos da terra como Madame Guillotine e Grilo.

Tras os teloneros Madame Guillotine, que xogan en casa, será a quenda de Grilo. Son un grupo de rock en galego formado na cidade de Compostela a principios do ano 2018. A banda está integrada por Adrián, guitarra e voz; Alberte, baixo e coros; e Miguel, á batería.

Este venres Rock na Noite en NegreiraActualmente teñen editados singles como “Criminal” (noviembre de 2018) que foi gravado por Óscar Fernandez nos estudios Mafia Records, en Carballiño (Ourense), e “Rebelión” (febreiro de 2018), gravado por Iago Pico nos estudios Pousada Son (Ames). A súa música é unha mestura de hardrock, stoner e grunge, na que os textos ácidos e críticos deixan oco tamén para letras de carácter máis persoal e intimista.

En maio de este ano sacaban este novo vídeo titulado Fabrica de Soños

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial