A Feira do Románico de Negreira máis medieval que nunca

0

Negreira, 7 de setembro do 2019 – A Feira do Románico de Negreira cumpriu un ano máis as previsións e encheu as rúas da vila de veciños e visitantes para disfrutar da Feira do Románico.

Unha Feira do Románico na procura de novos espectáculos e novos espazos nos que definir un futuro moito mellor. A incorporación da rúa do Carmen completou a oferta tradicional da Carreira de San Mauro que, sumada á ubicación dun espazo de xogos na Praza do Concello, dou un novo impulso a celebración.

Feira do Románico de NegreiraXustas medievais

Si os máis cativos teñen, desde hai uns anos, a atracción preferida na tirolina xigante os maiores, desde este ano, fan o propio coas xustas. A empresa Legend, especialista en este tipo de eventos, organizou no Palenque un torneo medieval no que dous cabaleiros batíanse a cabalo para rematar pe a terra loitando pola victoria.

Feira do Románico de NegreiraOs tres pases de esta representación ateigaron de xente o lugar. O público elixía en cada inicio de torneo o seu preferido e durante toda a loita non deixaba de corear o color do seu “señor”. Coller anelas coa lanza, ou lanzar lanzas desde o cabalo a unha diana foron algunhas das probas que tiveron que realizar.

O desempate era sempre pe a terra, loitando con espadas e cun desenlace incerto no que calquera deles podía quedar ferido ou gañar.

Un espectáculo que gustou moito o público e que, xunto co teatro de rúa e os músicos ambulantes, dou un novo atractivo a feira.

Artesanía, oficios e rapaces

Os postos de artesanía e os de oficios como carpinteiro ou canteiro foron coma sempre do máis visitado da feira. As novas ubicacións cerca da casa do concello fixo que ao longo dos tres días houbese un constante tráfico de xente desde o Pazo do Cotón ata a rúa do Carmen e a Praza do Concello.

Feira do Románico de NegreiraA cetrería, como sucede tódolos anos, foi outra das atraccións. Bufos, aguias, miñotos, aves impresionantes que deleitaron a todos coas súas exhibicións de vos.

Pensando no futuro

Bos resultados para unha feira que busca un futuro máis definido. A incorporación de novos espectáculos e postos marcará sen duda os vindeiros anos da Feira do Románico de Negreira, unha cita que coma sempre pechou o verán da bisbarra e dou paso a un setembro de romarías.

Feira do Románico de Negreira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial