O vindeiro mércores comezará a 32 edición da Feira do Moble da Estrada, Lindeiros quixo falar co xerente da Fundación, Nemesio Rey, para saber en que momento se atopa o sector e a institución.

Tódalas feiras viviron a crise dos últimos anos de xeito moi especial. Non foi só a caída de visitantes se non tamén de expositores e de novidades que ofrecer. Moitas quedaron polo camiño e outras reconvertéronse con formatos máis pequenos ou buscando novos mercados, máis acordes cos cambios da sociedade. A Fundación do Moble da Estrada non foi unha excepción en este proceso e, como nos comeza explicando Nemesio Rey, vive na actualidade unha volta ás orixes e intenta que a de este ano sexa un punto de inflexión

Na actualidade volven a aparecer feiras de mostras aínda que non coa mesma forza e cantidade que tiveron no pasado

Dende a Fundación son conscientes da necesidade de buscar novas fórmulas para darlle uso aos recintos feirais que no seu momento foron un motor económico nos pobos

A 32 edición da Feira do Moble, que comeza o mércores, trata de adecuarse aos cambios do sector, atender as necesidades expositivas das fábricas ao mesmo tempo que se lle ofrece ao público un escaparate de novidades

Nemesio Rey explica que este ano o que se intentou foi ter moita máis variedade de mobles, non só colchóns, e unha imaxe renovada na colocación dos stands. A Feira pasa ademais de 9 a cinco días para facilitar a presenza de máis firmas.

As feiras de mostras en xeral foron durante moitos anos un lugar de venda, a da Estrada é un bo exemplo de como cambiou iso e de como hoxe en día son un espazo de recollida de contactos de cara ao futuro

Esta anécdota é un bo exemplo da recuperación que está tendo o sector, o xerente é optimista e espera que esa mellora véxase reflectida na feira

Con todo o traballo so queda inaugurar a mostra o próximo mércores as doce e media. Os visitantes verán todo tipo de moble para as casas, outros específicos para bodegas feitos a partir de pipas de viños, sofás robotizados… haberá expositores da Estrada pero tamén doutras partes de Galicia e de Valencia, Asturias ou o País Vasco; será en definitiva un bo escaparate no só das novidades senón tamén do momento que vive o sector do moble.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial