Os nenos de Ames protagonizan a manifestación polos comedores

0

Ames, 1 de xuño do 2018 – A manifestación convocada polas ANPAS de Ames para pedir que os comedores escolares atendan tódalas solicitudes tivo como protagonistas aos nenos.

Antes do pleno ordinario de maio a praza do concello, e a propia entrada da casa consistorial, foi ocupada por cerca de un centenar de pais e fillos protestando pola falta de prazas nos comedores escolares.

Unha pancarta coas frases “queremos conciliar non emigrar” e “ningún neno sen comedor” portada polos cativos situouse nas escaleiras de entrada ao concello. Os pais mentres tanto os apoiaban desde a praza ao son de tambores e bombos. Desde unha hora antes do pleno foron chegando pais e nenos que non deixaban de gritar.

As oito e media comezou o pleno co ruído da manifestación as portas do salón, ata onde chegaron os nenos coa pancarta. Cando se levaba xa un rato unha nai interrompeu a sesión para preguntar si alguén ia falar cos pais. O alcalde, José Miñones, respondeu que o que se convocara fora unha manifestación e non unha reunión polo que a sesión ia continuar. O rexedor recriminoulles que entraran no edificio no concello e lembroulles que tiñan que estar fora. A manifestación volveu as portas do edificio municipal e aínda soou por un anaco ata que se foi apagando e os pais fóronse dispersando.

Na actualidade hai aínda 80 nenos sen praza nos comedores. O concello non ten unha solución polo momento e as ANPAS decidirán cales serán as seguintes accións que levarán a cabo.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies