займ срочно

Branca Novoneyra presentou un Apóstolo que quere ser o das mulleres

0

Compostela, 4 de xullo do 2018 – A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou as Festas do Apóstolo 2018 que queren ser as das mulleres e prestar unha especial atención a migración.

Desde o día 18 Compostela vivirá ata o último día do mes unha Festas do Apostol que abrirá a actriz Nerea Barros, gañadora dun Goya por La Isla Mínima, como pregoeira, tal como desvelaba a concelleira

Os pratos fortes serán na escea internacional Ruben Blades e os australianos Wolfmother e na nacional a cantaora/rapera/performer Rosalía. Pero os eixes principais das festas serán, como explicaba Novoneyra, ese traballo de programación arredor das mulleres e o apartado dedicado aos grupos locais e galegos

Polo escenario principal das festas pasarán ademais de Rosalía, o martes 31; Guadi Galego, o 21 de xullo; Mercedes Peón, o día 24; ou Mala Rodríguez, o 27. O concerto de bandas galegas tamén terá un protagonismo feminino xa que actuarán Atrás Tigre, Selvática, Marem Ladson, Espejos y Diamantes e Cora Novoa, grupos todos con moita presenza de mulleres.

Outra das citas esperadas nos últimos anos é a da Real Filharmonía que en este 2018 dará dous concertos. Un deles é unha colaboración co grupo de jazz Sumrra, unha idea xurdida das dúas formacións e na que levan tempo traballando.

ONDA no Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre

O Centro Cívico do Romaño será escenario do programa ONDA, que se vai desenvolver do venres 20 ao domingo 22 de xullo. O obxectivo final é a constitución dun organismo permanente de atención á creación e pensamento da diáspora, o Observatorio da Nova Diáspora Galega

Compostela É Música no Toural

Os concertos da Quintana serán os máis relevantes da programación pero as sorpresas veñen en moitos casos na praza do Toural onde propostas máis distintas atopan un espazo. Do censo de músicos de Santiago, por esa praza pasarán Liridade Noctámbula, o xoves 19; Mojo Experience, o 22; Mega Purple Sex Toy Kit, o 24; Oîma Trío, o mércores 25; Jamila Purofilin, o xoves 26, e The Show Bass, o día 27. Ademais, nese escenario están previstas outros importantes concertos como o de Joao Afonso, o sábado 21 de xullo; Antonio Lizana, o luns 23; ou Voodoo, o sábado 28.

Territorio das Mulleres e outras apostas

A concelleira de Acción Cultural explicou que no programa deste ano mantívose tamén o concerto do Territorio das Mulleres, o xoves 9. Desta vez, subirán ao escenario da praza 8 de marzo Rapariga DJ, Batuka Tabanka e Mounqup. No apartado musical das festas, Branca Novoneyra aínda quixo salientar tamén a celebración do Serán de hip hop, que terá lugar no parque de Fermín Bouza Brey de Vite, o domingo 29. No cartel aparecen Locoplaya, Anier, Denom, Rendi Nue e Garolo. Por último, e como é tradición, no Apóstolo non faltarán as orquestras da Alameda, nin as actuacións especiais da Banda Municipal de Música. E canto á programación máis familiar, Branca Novoneyra explicou que “neste Apóstolo poremos en marcha un novo festival, Feira na eira, que se celebrará no parque de Galeras na fin de semana do 28 e 29 de xullo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies