Exposición No colo da esperanza no Pazo da Peregrina de Ames

0

Ames, 26 de xuño do 2018  – O Concello de Ames conmemora o Día Mundial do Refuxiado coa exposición da mostra No colo da esperanza, que pode visitarse no Pazo da Peregrina ata o venres 29 de xuño.

No colo da esperanza foi inaugurada o  sábado, 16 de xuño, durante a celebración do Encontro Intercultural de Ames cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto. Esta exposición ten como obxectivo concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. A mostra componse dunha ducia de fotografías en branco e negro tomadas no ano 2015 na coñecida como “ruta dos Balcáns”, a través da que milleiros de persoas foxen da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa. Estas fotografías están protagonizadas principalmente por nenos e nenas que foxen da guerra en Siria coas súas familias, na procura dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas responsables da crise migratoria e humanitaria pola que miles de refuxiados se ven obrigados a abandonar os seus fogares e camiñar durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz. A exposición fotográfica, forma parte das actividades ofertadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aos Concellos socios.

A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Desta colaboración nace a mostra “Nicaragua. O futuro” e unha serie de talleres de fotografía social que percorreron unha decena de vilas. Agora o reporteiro cede esta nova exposición realizada na ruta dos Balcáns, onde o Fondo Galego aportou axudas de emerxencia ás persoas refuxiadas.

Como fotoxornalista freelance, Felipe Carnotto (São Paulo, 1986) publicou en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. O fotógrafo de orixe brasileira afincado en Vigo mostrou ademais a súa obra na Sede Afundación da cidade olívica ou no Kiosko Alfonso da Coruña, así como en galerías e museos doutros puntos do estado e de Portugal. En 2017 faise co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano consegue o Galicia en Foco, o galardón fotoxornalístico máis antigo de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial