займ срочно

Noemí Salomón e Anaís Fernández levan ao Paraninfo a obra do Maestro Vide

0

Compostela, 8 de xaneiro do 2019 – Este mércores o Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, acollerá un concerto coa unha extensa selección de obras do Maestro Vide.

Cúmprense 125 anos do nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981), o Maestro Vide. Con ese motivo o investigador pontevedrés Oscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano. Da iniciativa naceron tres discos interpretados pola pianista de Redondela Noemí Salomón e da soprano compostelá Anaís Fernández.

O traballo discográfico titúlase “Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano” e está formado por dous discos coa obra para piano e un terceiro coa obra para canto e piano; o traballo complétase cun libreto de 40 páxinas con textos dos musicólogos Carlos Villanueva e Javier Jurado, así como do fillo do compositor Antonio Fernández García-Vide, sobre a vida, a obra e a personalidade do compositor.

Unha boa parte de esas pezas soarán este mércores, a partir das oito e media no Paraninfo da USC, interpretadas polas propias Noemí Salomón e Anaís Fernández a modo de presentación do triplo álbum conmemorativo.

Da obra para piano de Vide, complexa tecnicamente, cabe destacar a enxebreza das súas numerosas muiñeiras e das súas dúas suites (alborada, alalá, muiñeira), dentro dunha produción que abrangue tamén a música de salón (pasodobre, valse) e do café-concerto (galop, foxtrot), entre a que atopamos ademais un danzón como chiscadela á súa etapa cubana. Da obra para canto e piano sobresaen as súas fermosas canzóns, na liña das melodías galegas de Montes, Chané ou Baldomir, ás que Vide, dado o seu dominio do piano, aportou un acompañamento enriquecido, conservando a unidade absoluta co canto, sobre poemas de Curros Enríquez, Manuel Murguía, Blanco Amor, Gayoso Frías, José Fariña Jamardo ou Matilde Lloria, ás que se suman cancións en español, algunhas delas propias do espectáculo de variedades, e outras sobre ritmos cubanos, claras testemuñas das influencias da outra beira do Atlántico.

O concerto está promovido pola Xunta de Galicia dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies