Noia abre esta noite o Xuño musical

0

Noia, 7 de xuño do 2019 –  O alumnado do conservatorio municipal de Noia “Felipe Paz Carbajal” ofrecerá catro concertos gratuítos e abertos a toda a veciñanza dentro do programa Xuño musical 2019, o primeiro deles hoxe ás 21:00 horas na rúa do Curro.

O Xuño musical comeza cunha actuación na que participarán os alumnos da banda, orquestra e coro do conservatorio noiés, así como o alumnado do Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso, dirixidos por Santiago García Nieto, e a Coral Polifónica de Noia.

O director do conservatorio, Dalibor Sebestik, adianta que “en total seremos unas doscientas personas haciendo música durante cerca de una hora en la que interpretaremos todo tipo de música: gallega, religiosa, clásica e incluso una pieza del musical Los Miserables”. O concerto terá lugar na rúa do Curro de Noia pero, en caso de choiva, trasladaríase á Igrexa de San Martiño.

Os outros tres concertos restantes terán lugar ás 20:30 horas no Teatro Coliseo Noela e correrán a cargo dos distintos graos do alumnado do conservatorio municipal “Felipe Paza Carbajal”. Así, o venres 14 será a quenda do alumnado de grao elemental, mentres que o xoves 20 de xuño tocaralles ao alumnado de 1º, 2º e 3º de grao profesional e un conxunto instrumental. O “Xuño Musical 2019” pecharase o venres 28 de xuño cun concerto a cargo do alumnado de 4º, 5º e 6º de grao profesional e un grupo de música de cámara.

O ciclo está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Noia, en colaboración co conservatorio municipal “Felipe Paz Carbajal” e o Coliseo Noeal. Ademais, conta co patrocinio de Clínica Juanatey, Cenor Electrodomésticos, Tucho, Recambios BLanco, Carpintería Liñares, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Óptica Nieto, Gadis, Aluminios Severo, Pavimentos Noia e Grafinoia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial