Noia acomete melloras no colexio da Barquiña e o IES Virxe do Mar

0

Noia, 21 de febreiro do 2019 – Noia vén de acometer distintas actuacións de mellora no colexio da Barquiña e no IES Virxe do Mar, onde nos próximos días tamén se procederá á eliminación dos graffitis das paredes exteriores do instituto. 

A concelleira de Ensino, Ángela Neri, explica que “esta semana acometemos a limpeza do exterior do IES Virxe do Mar, atendendo unha petición do centro. Foi unha limpeza especial cun vehículo con máquina de auga a presión que permitiu eliminar o verdín que había na zona e que podía supoñer un risco de esvarar para os peóns”. Unha limpeza que rematou na tarde de onte martes, pero que terá continuidade nas próximas semanas pois “temos pendente a limpeza dos graffitis que hai nas paredes exteriores do instituto, que tentaremos de facer ao longo da próxima semana”, adianta a concelleira de Ensino.

Estes traballos chegan despois dos realizados durante a semana pasada no colexio da Barquiña, tamén a petición dos responsables do centro. Ángela Neri explica que “nos presentaron unha lista con distintas demandas no centro ás que lles demos resposta, dende corrixir humidades ata colocar un novo buzón”. Entre esas actuacións figuran unha mellora na entrada ao centro, a rehabilitación do valado metálico exterior, a mellora e pintado do valado en madeira interior, a eliminación de pintadas, melloras nos baños e substitución de portas e fiestras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial