займ срочно

Noia amplía a axuda para protección sanitaria en negocios

0

Noia, 14 de maio do 2020 – O concello de Noia abrirá unha liña de axudas a pemes e autónomos destinada a gastos en protección sanitaria na fase de reapertura.

O concello xa repartiu máis de 300 kits de protección sanitaria con mascarillas, pantallas e hidroxel. Esta liña de axudas está destinada aos negocios que por diversas causas non puideron acceder a ese reparto inicial.

Comisión de seguimento

Esta liña de axudas foi presentada no trasncurso da reunión da Comisión de Seguimento do COVID-19, reunida esta semana. Un encontrou que se centrou nas medidas a adoptar para facilitar a reapertura dos distintos establecementos do municipio. A comisión estivo presidida polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e nela participaron os voceiros de todos os grupos políticos municipais (Partido Popular, PSOE, Marea Cidadá de Noia, NOIA e BNG), que presentaron distintas propostas e iniciativas para facilitarlle á veciñanza de Noia o proceso de transición cara a nova normalidade.

As bases desta nova convocatoria de axudas faranse públicas nos próximos días, pero a intención do Concello é que poidan participar desta vez aqueles establecementos que si se mantiveron abertos durante a corentena e que tamén precisan agora de medidas de protección tanto para os seus empregados como para os clientes.

Propostas

Os grupos políticos municipais achegaron as súas propostas para establecer novas liñas de axudas para apoiar a recuperación no municipio. Unha destas medidas será unha liña de axudas ou bonificacións a aquelas empresas de Noia que invistan en mamparas, identificadores de seguridade, dispensadores de xel, limpeza de material… e outras medidas de protección tanto para os/as seus clientes como para as persoas que traballan no establecemento. Os requisitos desenvolveranse nunhas bases que se darán a coñecer o antes posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies