O Concello de Noia repara a avaría no camposanto municipal do Páramo

0

Noia, 18 de abril do 2018 –  O Concello de Noia vén de reparar a avaría que deixara sen servizo de subministro de auga ao camposanto municipal do Páramo.

Operarios da brigada municipal de obras de Noia estiveron traballando na zona e culminando os traballos realizados durante a semana anterior, que se centraron na localización da rotura na rede de tuberías que deixara sen auga o camposanto do Páramo.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “esta avaría estaba afectando aos veciños e veciñas, que se vían coa incomodidade de non dispoñer de auga para regar as flores ou limpar as sepulturas dos seus seres queridos, polo que dende o Concello actuamos o máis rápido posible para localizar a avaría, traballo que levou o seu tempo, e arranxala de xeito definitivo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial