Noia tamén se apunta aos concursos de fotografía con “Corentena desde Noia”

0

Noia, 8 de abril do 2020 – Os concellos buscan iniciativas para entreter a corentena e os concursos de fotografía son un bo recurso, agora é Noia a que pon en marcha “Corentena desde Noia”.

O concurso, posto en marcha pola Concellaría de Xuventude, esta aberto a calquera persoa residente no municipio e con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. “Corentena desde Noia” busca  “inmortalizar a vila de Noia desde os nosos fogares e de xeito creativo durante estes días de corentena, ao tempo que apoiamos ao noso comercio local”, explica a concelleira de Xuventude, Laura Salgado.

Noia tamén se apunta aos concursos de forografía con "Corentena desde Noia"Cada persoa participante poderá entregar un máximo de 3 fotografías, a cor ou branco e negro, nas que recolla as vistas do municipio que ten dende a súa vivenda. As imaxes a concurso deberán enviarse a xuventude@gmail.com antes do 24 de abril, indicando no asunto “Corentena desde Noia” e incluíndo os datos do autor/a (nome, apelidos, DNI, enderezo e mail ou teléfono de contacto), así como o título da fotografía.

O xurado, integrado pola concelleira de Xuventude e dous fotógrafos da vila, elixirá aos catro gañadores, que recibirán vales de 120, 80, 60 e 40 euros para gastar nos comercios de Noia cando remate a pandemia. As fotografías poderán ser feitas con cámara dixital ou móbil, pero deberán entregarse en formato JPG. Está permitido o uso de HDR e filtros de fotografía que melloren a calidade da imaxe, non estando permitido o uso de programas para engadir/eliminar elementos ou mesturar varias imaxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial