займ срочно

Noia cubrirá tres praza de Policía Local

0

Noia, 2 de xullo do 2018 –  O Boletín Oficial da Provincia publicou a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección, por procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade de 3 prazas vacantes de Policía Local en Noia.

A convocatoria das prazas de Policía Local é un acordo tomado no pleno municipal no mes de xaneiro, e que fora anunciado xa no mes de marzo, aínda foi agora cando se convocou. O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o pasado mércores. Para poder participar é preciso ter cumpridos os 18 anos, ter unha estatura mínima de 1,65 metros (homes) e 1,60 metros (mulleres), estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario do grupo C1 (Bacharelato ou FP), ter a nacionalidade española, ser titular dos permisos de conducir A2 e B e non ter sido condenado/a por delito doloso nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Xunto coa instancia solicitando participar no proceso, a persoa interesada deberá achegar todos os documentos que acrediten estes requerimentos. A documentación deberá presentarse na Oficina de Rexistro do Concello de Noia ou nas oficinas de Correos, nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro ou a través da sede electrónica do Concello de Noia.

Proceso de selección

As probas da oposición deste proceso selectivo serán cinco: avaliación dos coñecementos das persoas aspirantes sobre os contidos do temario correspondente, proba de avaliación do coñecemento da lingua galega (para os que non teñan o Celga 4), aptitudes físicas, probas psicotécnicas e recoñecemento médico. Todas as probas teñen carácter eliminatorio, no caso de non ser superadas.    

Unha vez seleccionadas as tres persoas, o Concello de Noia comunicará á Academia Galega de Seguridade Pública a relación do alumnado que debe incorporarse ao curso selectivo e solicitará a reserva das prazas correspondentes. A superación deste curso é obrigatorio para acceder á condición de persoal funcionario de carreira. Unha vez superado o curso selectivo e o período de prácticas, a Academia Galega de Seguridade Pública emitirá un informe ao Concello de Noia para proceder ao seu nomeamento e toma de posesión. Estas tres prazas únense aos catro auxiliares de Policía Local do Concello de Noia seleccionados a semana pasada despois do proceso selectivo convocado.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies