займ срочно

Noia delegará na Xunta a selección de novos axentes da  Policía Local

0

Noia, 26 de xullo do 2019 –   O Concello de Noia delegará na Xunta de Galicia os procedementos para a selección de axentes e auxiliares da Policía Local e vixilantes municipais.

O acordo tomouse no pleno cos votos a favor do PP, N.O.I.A. e o BNG, o voto negativo do PSOE e a abstención da Marea Cidadá.  O concelleiro responsable da Policía Local, Julio Bustelo, explicou que a decisión vaise traducir nunha maior axilidade e un considerable aforro económico á hora de convocar e cubrir prazas de efectivos para a forza de seguridade municipal.

Ante as reticencias dos grupos do PSOE e da Marea sobre un suposto baleirado de competencias municipais, o alcalde, Santiago Freire, precisou que o único que se delega son os procesos de selección, non a xestión sobre a Policía Local, e que ademais é un acordo para catro anos e reversible en calquera momento.

Tanto Freire como Bustelo sinalaron que o Concello gañará en eficiencia ao evitar unha sobrecarga de traballo administrativo que a Xunta efectuará sen custo algún para o erario municipal. Ademais, lembraron que ao convenio coa Xunta están adscritos ou a punto de facelo uns 75 Concellos de toda Galicia, entre eles grandes cidades e localidades gobernadas polo PSOE ou por forzas equiparables á Marea noiesa. Tamén deixaron patente que os principais sindicatos policiais defenden que sexa a Xunta a que centralice estes procesos de selección, tal como manifestaron en diversos escritos remitidos ao Concello cando esta mesma proposta fora rexeitada en xaneiro de 2018.

O goberno municipal reiterou o seu propósito de ir cubrindo prazas da Policía Local e lembrou que desde 2007 ata 2016 os anteriores executivos locais non repuxeron prazas que quedaron libres por xubilacións e outros motivos, creando as actuais dificultades para atender todas as quendas de traballo.

Conciliación

Todos os grupos concordaron en deixar sobre a mesa a proposta do grupo da Marea Cidadá para elaborar un Plan de Conciliación. Chegaron ao acordo de facer unha posta en común de iniciativas e medidas concretas susceptibles de ser aplicadas no municipio, previa avaliación da súa viabilidade formal e económica.

A concelleira Ángeles Neri desmentiu que o Concello non ofreza medidas de conciliación da vida laboral e familiar. Entre as iniciativas acometidas, debullou a posta en marcha dos programas madrugadores, que no curso 2019-2020 chegarán aos colexios Felipe de Castro e Rodríguez Cadarso en colaboración coas ANPAS dos centros, ademais de campamentos lúdicos ou un aumento considerable nas horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar, que tal como lembrou o goberno local debe considerarse tamén como unha medida de conciliación.

Renuncia de Ángeles Neri

Na sesión, na que o alcalde deu lectura a unha declaración institucional co gallo do Día da Patria Galega e o grupo de música tradicional Os Salgueiriños interpretou o Himno de Galicia, a corporación tomou coñecemento da renuncia de Ángeles Neri. A xa exconcelleira do PP manifestou que “foi un privilexio e un orgullo formar parte da corporación” e expuxo que nas súas novas funcións continuará “axudando ao alcalde e aos demais compañeiros para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Noia”. Os portavoces dos diversos grupos agradeceron o seu labor, destacaron o carácter “conciliador” de Neri e desexáronlle sorte nos seus novos cometidos. A acta que Neri deixa vacante será ocupada por María Beatriz Rosende Paz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies