займ срочно

Noia dota ao Conservatorio Municipal “Felipe Paz Carbajal” do seu primeiro piano de cola

0

Noia, 26 de outubro do 2018 –  A concelleira de Ensino, Ángela Neri, vén de facer entrega de dous novos pianos a Dalibor Sebestik, director do Conservatorio Municipal “Felipe Paz Carbajal”. Trátase dun piano Kawai RB22 e dun piano de cola Shulze Pollmann, o primeiro do que dispón o conservatorio noiés.

Ángela Neri explica que “dende o Conservatorio trasladáronos a necesidade de dispoñer dun piano de cola para que o alumnado puidera ensaiar con el e afacerse a este tipo de instrumentos, pois son os que adoitan tocar súas nas actuacións públicas; polo que dende o Concello de Noia fixemos unha aposta pola formación das novas promesas da música adquirindo non só o piano de cola senón tamén un segundo piano”.

Dalibor Sebestik indica que “para el alumnado será muy positivo porque, aunque las teclas son las mismas, el tacto de los pedales es distinto, como también lo es la forma de colocarse cuando tocan en grupo. Y estos pequeños cambios, unidos a los nervios de tocar ante el público, hacen que no sea fácil adaptarse. Ahora tienen un piano de cola en el Conservatorio y pueden practicar aquí”. O director do Conservatorio noiés destaca que este piano “es algo que llevamos deseando mucho tiempo y estamos muy contentos con él”

Trátase dos dous primeiros pianos que son propiedade do Conservatorio Municipal “Felipe Paz Carbajal”, xa que os outros tres dos que dispoñen son unha cesión da Fundación Otilia Millares Vázquez. “Son tres muy buenos pianos Yamaha, cedidos amablemente por la fundación, pero estos dos son algo propio del conservatorio y el piano de cola nos permitirá dar un salto de calidad a la hora de ensayar y aprender, tanto para el alumnado de piano como para los combos con otros instrumentos”, apunta Dalibor Sebestik.

O Conservatorio Municipal “Felipe Paz Carbajal” conta na actualidade con 145 alumnos e alumnas. O próximo mércores 31 de outubro, ás 20:30 horas, ofrecerá un concerto no Coliseo Noela no que farán entrega dos diplomas aos 18 alumnos e alumnas que remataron o Grado Elemental.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies