Noia Portus Apostoli e Santiago Futsal en postos de descenso tras a fin de semana

0

Bisbarra, 5 de novembro do 2018 – Mal fin de semana para os equipos da bisbarra na segunda división do Fútbol Sala nacional xa que acabaron en postos de descenso directo, o Santiago pese a traerse un punto de Barcelona.

Marcados polas faltas

Chegaba o Noia con ansias de puntuar ante o Software  DESOL  Mengibar pero os locais esperábanlles coa intención de seguir nos postos altos da táboa. Comezaba a primeira parte con moita  igualdade en pista. Tras o tanto inicial dos primeiro minutos chegaban os locais  timidamente á porta de Carlos Cabo quen asinaría unha moi boa primeira parte. As ocasións sucedíanse para ambos os bloques que tentaban marcar a favor dos seus respectivos equipos, pero sen resultado positivo. Manu  Orellana e  Ureña terían as súas oportunidades mentres que por parte do bloque galego tentaríao David Palmas e Dani Colorado que foron os que mellores oportunidades tiveron, xunto coa de  Xuxa case ao final do primeiro  tempo tras o roubo de balón de Iván  Beltrán en media pista.

Pero as faltas condenarían aos galegos neste primeiro tempo pois os penalizaría cun tiro de 10 metros que sería materializado por Dani Aranda de segundas, aproveitando o rexeite tras a parada en primeira instancia de Carlos Cabo. Coa desvantaxe pola mínima marcharíanse os noieses a vestiarios tras a finalización deste primeiro acto

Non podían empezar mellor as cousas para os galegos tras o paso por vestiarios. Sen tempo a penas para tomar asento, Dani Colorado poñería o empate no marcador cun tiro ao segundo pau. Un gol que lle deu aire ao Noia que comezou a crear constantes ocasións que finalmente non terían recompensa. No 28 a escuadra branca tería a súa oportunidade máis clara  grazas a unha cesión dos locais pero ao final a defensa para o tiro de  Dani Colorado desaproveitando unha clara ocasión de poñerse por diante do marcador.  A intensidade ía  crecendo a medida que pasaban os minutos. O xogo rápido, as ocasións continuas de ambos os bloques, a intensidade nas accións imprimían máis emoción a un encontro de dous equipos que loitaban por obxectivos diferentes. As cousas complicaríanse para os galegos no 35 pois se poñerían de novo con 5 faltas. A última cometida por  Marci e salvada por Juan Puertas en quen bate o esférico tras o tiro dun xogador local. O número de faltas condicionaría o xogo  noies quizá non tan agresivo como ata entón. E chegaría unha xogada polémica que marcaría o devir do encontro. Unha falta a favor do Noia no bordo da área local é protestada polo banco noiés ao non mostrar tarxeta ao executor da mesma. Protesta que provocaría a expulsión do delegado Javier Barreiro que se iría a vestiarios antes de tempo. A falta a favor do  Noia sería tirada por David Palmas que tivo ocasión de  adelantar aos seus en ata dous rexeites que o porteiro Raúl fai na mesma xogada. E sería na  seguinte cando E.  Buendía marcaría o segundo tanto para os seus adiantándoos no marcador. É entón cando  Marcio opta polo xogo de cinco  e sería tamén cando chegaría o terceiro dos locais a porta baleira que marcaría Dani Aranda. A falta dun segundo para o final chegaría a sexta falta e por tanto o dobre penalti que é materializado por E.  Buendía que poñería o definitivo.Software  ADSOL  Mengibar 4- 1 Noia  Portus  Apostoli

O primeiro punto fora de casa

A escuadra santiaguesa asinou un importante empate, 1-1, na cancha do  FC Barcelona  B, que supón tamén a primeira nota positiva dos celestes fóra de Galicia en competición doméstica. A igualada no Joan  Gamper, froito dun gran traballo defensivo, rompe así a serie negativa dos de Santiago fóra de casa que suman 7 puntos no seu contador.

Nun encontro no que os goles non chegaron ata o segundo acto, os de Santi Valladares souberon frear ao filial  blaugrana cunha efectiva formulación defensiva. Tampouco atoparon portería nas súas chegadas á área local polo que se chegou ao tempo de descanso co 0-0 no marcador.

Xa no segundo tempo chegaron os dous únicos tantos do encontro. Dani Zurdo anotou para os celestes no 31′, rompendo totalmente o encontro a favor dos santiagueses que recollían así o premio á súa formulación do encontro. Con todo, o xogo de cinco dos locais con porteiro-xogador ocasionou a xogada na que  Povill fixo o empate. A pesar dos arreóns finais dos  blaugranas ante a meta defendida por  Iago Barro, este salvou a portería visitante do  segundo tanto local a 50 segundos do final. Consumido o tempo do partido o resultado final foi de empate 1-1.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial