Luís Bello expón en Noia “Pasaporte a Latinoamérica”

0

Noia, 31 de decembro do 2019 – O noiés afincando en Estados Unidos Luís Bello expón na Casa de Cultura de Noia a mostra fotográfica Pasaporte a Lationamérica.

A exposición de Luís Bello esta dedicada aos afectados de ELA e mostra imaxes de 8 países coas que coñecer a realidade de boa parte da América Latina.

Ata o 28 de febreiro

Inaugurada o pasado día 27, a exposición estará aberta ata o próximo día 28 de febreiro. As imaxes do xornalista Luís Bello foron tomadas ao longo de catro anos, coincidindo coa rodaxe da web serie Pasaporte a Latinoamérica.

Luís BelloSegún explica Bello “Agardo que con esta mostra respectemos un pouco máis ós inmigrantes e aplaudamos a diferencia pola riqueza cultural que esta trae a nosa terra. As realidades dos pobos están cada día máis cerca unhas das outras e o futuro vai por ese camiño, o da multicultura. Como pobo emigrante, os galegos debemos respectar e axudar ós inmigrantes na súa integración. Nesta mostra recollo o gran valor que debe ter par todos Latinoamérica”.

O concelleiro de cultura de Noia José Pérez Martínez destaca que “na exposición hai imaxes moi exóticas e artísticas, cheas de colorido e de forza, sen lugar a dubidas non che deixa indiferente”.  Cerca de 30 imaxes avaladas por destacados xornalistas como Hugo Correa correspondente de CNN na Arxentina quen destaca “La impronta de este trabajo es novedosa en los sentimientos recogidos y reveladora por los momentos que da a conocer. Un trabajo de fuste que capta momentos irrepetibles del experimentado comunicador. Se ofrece con rigor, calidez y cercanía”.

Manolo García Reigosa, xornalista de La Voz de Galicia, sinala que “ás imaxes levan o selo dun xornalista de raza, relatos visuais captados pola mirada e o corazón de Luis Bello Juanatey a través das súas viaxes polos contrastes da xeografía americana. Retratos con outro punto de vista, que conmoven, sorprenden e non deixan indiferente a quen os contempla”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial