займ срочно

Noia Harp Fest na primeira semana de agosto

0

Noia, 28 de xullo do 2020 – O Harp Fest volve a Noia do cinco ao sete de agosto próximos no que será a sétima edición.

O Harp Fest 2020 presentará en exclusiva a primeira gravación discográfica de música clásica galega para arpa a cargo de Alba Barreiro e o seu trío, e o libro-CD “O uniforme movemento divino” no que se recolle o proxecto de construción e réplica dos instrumentos antigos da arquivolta da igrexa de San Martiño.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia reducirá os seus contidos nesta edición limitada polo covid 19. Terá lugar na primeira semana de agosto e acollerá tres concertos: Alba Barreiro Trío, Noia Harp Consort e o gambiano Mbye Ebrima.

As limitacións impostas  condicionan a ausencia de obradoiros, exposición de instrumentos  e a redución dos concertos a un só evento por dia. Así o explicaron en rolda de prensa o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, e o director e impulsor do festival, Rodrigo Romaní.

Noia Harp Fest na primeira semana de agosto

Alba Barreiro

A arpista viguesa Alba Barreiro presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico dedicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete. En “Eixos Cromáticos” Alba expón unha proposta novidosa baseada na música de dous grandes da música culta galega de principios do século XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay. Será o dia 5 as 22h. no Teatro Coliseo Noela.

Noia Harp Fest na primeira semana de agosto

Noia Harp Consort

O dia 6 na igrexa de S.Martiño terá lugar o concerto presentación dos instrumentos antigos da arquivolta de San Martiño a cargo do grupo Noia Harp Consort, dirixido por Rodrigo Romaní e con convidados especiais como o músico Abraham Cupeiro, o cellista Millán Abeledo, o violinista Fernando Docampo e o propio construtor dos instrumentos, Luís Martíns, todos eles acompañados polo Coro Xuvenil do Concello de Noia. Este traballo está recollido no libro CD “O Uniforme Movemento Divino” que será publicado en plataformas dixitais coincidindo co evento.

O remate da edición deste ano está a cargo dos sons africanos dun excepcional músico, intérprete de Kora, compositor e cantante orixinario de Gambia, Mbye Ebrima. Visitando por primeira vez Galicia, estará acompañado da súa banda o dia 7 de agosto na Praza do Tapal.

O Noia Harp Fest está organizado polo Concello de Noia, co apoio da Deputación da Coruña.

Noia Harp Fest na primeira semana de agosto

Mbye Ebrima

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies