Noia instala os primeiros xogos inclusivos

0

Noia, 6 de maio do 2019 – O Concello de Noia vén de instalar os primeiros xogos inclusivos nos parques infantís da Alameda e San Lázaro, deseñados para o xogo en común independentemente de se teñen ou non algún tipo de discapacidade funcional.

A Concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, explica que “aspectos físicos, psíquicos, cognitivos ou sociais non poden ser un factor de exclusión dun neno ou nena á hora de xogar, por iso xa me comprometín no pleno municipal a instalar estes xogos inclusivos”.

Os dous primeiros xogos de este tipo que se instalan en Noia son dous asentos inclusivos para randeeiras, que contan cun arnés de protección e un peche de seguridade deseñado baixo a normativa europea e proporciona a máxima seguridade durante o xogo. Un xogo que pode ser empregado por todos os nenos e nenas do parque, se ben se recomenda que estea acompañado por unha persoa adulta.

Mariola López explica que “con xogos inclusivos nos parques infantís contribuiremos ao desenvolvemento físico, intelectual, emocional e social de todos os nenos e nenas de Noia, fomentando de xeito totalmente natural a interrelación entre crianzas con capacidades diferentes e creando un ambiente inclusivo para o xogo en común”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial