займ срочно

Noia investirá 20.000 euros na construción dun parque canino en Labarta

0

Noia 6 de marzo do 2019 –  O Concello de Noia investirá 20.000 euros na construción dun parque canino en Labarta, que contará con seis elementos de agility, unha modalidade deportiva para cans.

A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “o parque canino ocupará unha superficie duns trescentos metros cadrados na explanada de Labarta, preto da nova pista de skate, e contará con seis elementos de agility para que os usuarios poidan facer distintos exercicios, así como unha fonte canina e un dispensador de bolsas para recoller as deposicións dos animais”.

Está previsto que os traballos de construción do recinto, que estará convintemente valado no seu perímetro, comecen a mediados deste mes de marzo, polo que podería estar operativo durante o próximo mes de abril. “Con esta actuación damos resposta a unha gran demanda veciñal, que nos viña reclamando dun espazo no que facer deporte coas súas mascotas e con ese circuíto de obstáculos conseguiremos que tanto a mente coma o corpo do cadelo estean en plena forma”, apunta Neri Arufe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies