Noia inviste 47.000 euros na mellora da rúa Castelao

0

Noia, 20 de maio do 2019 – O Concello de Noia vén de iniciar as obras de mellora da rúa Castelao, un tramo de 500 metros de longo con dous carrís na parroquia de Barro.

Os traballos na rúa Castelao están orzamentados en 47.640,10 euros e fanse con cargo ao remanente de Tesourería. Isto é posible grazas ao co crédito extraordinario aprobado en pleno o pasado 26 de marzo e confirmado o pasado 30 de abril, tras levantar unha alegación presentada por un grupo municipal.

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, explica que “estamos mellorando unha rúa na que hai ano e medio se fixo unha pavimentación con triplo rego pero onde vimos a necesidade de mellorar ese firme con aglomerado”.  As obras de aglomerado rematáronse na tarde de onte, polo que esta tarde procederase ao pintado da sinalización horizontal para deixar rematada a obra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial