Noia acomete unha limpeza a fondo e desinfección da Alameda

0

Noia, 20 de setembro do 2019 –  O Concello de Noia está a rematar as tarefas de limpeza a fondo da Alameda, realizadas cun vehículo especial de auga a presión.

Os traballos na Alameda foron realizados esta semana aproveitando a ausencia de actividades programadas neste espazo e que estarán rematadas xusto antes da Marcha contra o Cancro deste sábado.

limpeza da alameda de NoiaO concelleiro de Limpeza Viaria, Martín Fernández Godón, explica que “fíxose unha limpeza en profundidade como hai moitos anos que non se facía, o que fixo que nestes días se retirara unha gran cantidade de lixo da zona” ao tempo que anuncia que “unha vez rematadas na alameda, continuaremos por outras rúas da vila, comezando polo casco histórico”.

Esta limpeza con auga a alta presión e desinfectante permite eliminar non so a terra que se acumula durante anos nas xuntas entre as plaquetas cerámicas como as da alameda noiesa, senón tamén retirar as graxas, aceites e resinas presentes na zona, eliminando os xérmenes.

Sobre a alameda, Fernández Godón apunta que “queda unha segunda fase, que será a retirada dos chicles pegados nas plaquetas, aos que lles aplicaremos un produto especial para evitar danar o chan”. Neste sentido, indica que “se durante estes días os veciños e veciñas viron que había terra sobre as plaquetas da alameda é porque todo ese lixo estaba entre as xuntas das plaquetas cerámicas e non se retirou de inmediato porque, ao estar mollado, podería danar o chan. O máis aconsellable nestes casos é agardar un tempo a que seque e despois retiralo sen dano ningún, que é o que se fixo en Noia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial