Noia investirá 100.000 euros nos locais sociais das parroquias

0

Compostela, 28 de abril do 2018 – O Concello de Noia iniciou en Barro o seu plan de mellora dos locais sociais das parroquias do municipio, que vai acometer durante os próximos meses e no que ten previsto investir preto de 100.000 euros.

Unhas actuacións que serán diferentes segundo as necesidades de cada local social. A concelleira de Relacións Veciñais, Ana Belén García Vidal, indica que “nalgúns casos, como o de Barro, serán actuacións de mellora interior e exterior do inmoble, mentres que noutros casos o que faremos será achegar novo mobiliario para resolver problemas de carencias ou para dotar de maior comodidade ao gran número de veciños e veciñas que utilizan estes locais”.

No local social de Barro, o Concello de Noia realizou arranxos na cuberta do inmoble que, unidos á reparación e substitución das baixantes e dos canalóns, permitirán mellorar as actuais condicións térmicas do edificio e paliarán os problemas de estanqueidade e de humidades que estaba a sufrir. Unhas actuacións que se completaron co pintado interior do local.

Ana Belén García anuncia que “empezamos polo local social de Barro e seguiremos nas próximas semanas polos da Barquiña e A Rasa ata completar toda a rede de locais sociais nas distintas parroquias”. A concelleira de Relacións Veciñais explica que “estas actuacións responden á gran utilización que os veciños e veciñas de Noia están a facer destes locais, que serven de punto de encontro para a veciñanza e contan con actividades ao longo do ano, algunhas delas achegadas polo propio Concello de Noia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial