Macetas xigantes para decorar Noia

0

Noia, 10 de xullo do 2020 – O Concello de Noia, en colaboración con Noia Histórica e a asociación A Misela, vén de poñer en marcha a campaña “Noia florece” como xeito de incentivar o comercio da vila.

As rúas de Noia encheranse de flores en distintos lugares pero un dos máis sorprendentes serán as macetas xigantes que se colocarán en distintas rúas do concello. A iniciativa pretende ser ademais que sexan elementos permanentes máis alá de esta campaña.

Macetas xigantes para decorar NoiaO alcalde, Santiago Freire Abeijón, mostrou a súa confianza en que sirva de reclamo “Esperamos que sexa un reclamo importante para a localidade e convide a que xente da contorna visite a vila e desfrute do noso comercio e da nosa hostalaría”.

Por todo o núcleo urbán

Instaláronse distintas macetas con flores de temporada nas entradas dos distintos locais comerciais, así como grandes maceteiros de varios metros de altura en puntos clave do casco histórico como a Porta da Vila, a praza da Constitución, o Curro ou a praza do Tapal.

Macetas xigantes para decorar Noia“Uns elementos decorativos que foron completados con flores de temporada, achegadas por empresas e viveiros locais” e que se fixeron “en colaboración con Noia Histórica e baixo a supervisión técnica dunha enxeñeira paisaxística”, puntualizou Freire Abejón, quen engade que “ademais se renovarán con flores as xardineiras de San Bernardo e da Corredoira e colocaranse dez novas xardineiras de pedra”.

Coidar o material

Así mesmo, agradeceu a colaboración dos comerciantes na campaña pois “buscamos que practicamente apadriñen o coidado deses maceiteiros, pois mesmo gardan os máis pequenos, pero gustaríame facer un chamamento ao respecto do mobiliario urbano por parte da veciñanza. Na fin de semana pasada xa se produciron algúns actos incívicos e temos que ser conscientes da necesidade de respectar o mobiliario público”.

Ademais, puxo en valor o traballo realizado pola asociación A Misela, que se encargou dos elementos decorativos elaborados con plástico reciclado que figuran nas rúas do casco histórico. Así mesmo, recuperáronse os atrapasoños do ano pasado, que agora locen na praza da Fanequeira, e ao longo dos próximos días completarase a decoración con novos elementos como, por exemplo, uns xardíns colgantes.

Macetas xigantes para decorar NoiaO alcalde noiés salientou que “Noia florece” é unha iniciativa froito do traballo coordinado de varias concellarías municipais, agradecendo o traballo realizado polas súas titulares: Mariola López Cierto, concelleira de Comercio, Parques e Xardíns; Laura Salgado, concelleira de Economía e Xuventude; e Beatriz Rosende, concelleira de Eventos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial