Noia mellora a estación potabilizadora de auga

0

Noia, 17 de xaneiro do 2019 – O Concello de Noia está a acometer estes días varias melloras na estación de tratamento de auga potable (ETAP) co obxectivo de rematar cos problemas de turbidez que se producen nalgunhas épocas do ano, especialmente no inverno.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “estamos mellorando o sistema de filtración por areas na ETAP, xa actuamos nos outros dous filtros e agora estamos renovando a totalidade do filtro número dous de forma que cando estean rematadas a potabilizadora estará operativa ao 100% da súa capacidade e iso mellorará a calidade da auga”.

As actuacións que se están a rematar estes días, e realizadas con cargo a fondos propios do Concello de Noia, permitirán a renovación da totalidade do filtro número 2, o cambio integral das crepinas, a renovación das areas de diferentes granulometrías específicas para o tratamento da auga e un reforzo estrutural da ETAP. Uns traballos que se agarda que estean rematados a finais de mes.

Adquisición de terreos

Paralelamente, o Concello de Noia está a xestionar a adquisición de terreos na contorna da ETAP. O alcalde noiés, Santiago Freire Abeijón, explica que “xa falamos cos propietarios porque queremos ter dispoñible o espazo suficiente que nos permita aumentar a capacidade de almacenamento de xeito significativo, así como poder facer os traballos de mantemento cunha maior folgura que o que temos agora, onde a limitación de espazo fai que os traballos sexan difíciles”.

Neste sentido, Santiago Freira salienta que estas actuacións “son unha aposta por mellorar as condicións de potabilidade da auga que chega aos domicilios dos veciños e veciñas de Noia xa que somos conscientes de que é unha das cuestións máis demandadas pola veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial