Noia inviste 13.000 € na mellora do local social da Barquiña

0

Noia, 11 de outubro do 2018 –  O Concello de Noia está acomentendo obras de mellora no local social da Barquiña, uns traballos cun investimento de 13.600 euros e que estarán rematados ao longo da próxima semana.

A concelleira de Relacións Veciñais, Ana Belén García Vidal, explica que “estes traballos forman parte do plan de mellora dos locais sociais que o Concello de Noia está a realizar nas distintas parroquias. Neste caso concreto da Barquiña, as obras centraranse en corrixir os problemas de humidade que ten o inmoble, así como proceder ao seu pintado e reparación de algúns elementos da carpintería interior”.

Entre os traballos que se realizan está o lavado e rascado da pintura vella do inmoble, ao tempo que se procede ao selado das xuntas da cuberta e ao alisado e reparación de fendas no inmoble. Unha vez rematados, procederase á reparación de elementos de madeira como zócalos e carpintería interiores, onde se reporán os elementos deteriorados por outros de similares características. Finalmente, procederase ao pintado do inmoble. “Se todo vai de acordo ao previsto, os traballos estarán finalizados na próxima semana”, apunta Ana Belén García.

Esta actuación forma parte do plan de mellora dos locais que comezou o pasado mes de abril co arranxo do de Barro, onde se substituíron as baixantes e os canalóns para solucionar os problemas de estanqueidade e de humidades que sufría o inmoble. Antes de finais de ano acometeranse melloras noutros catro edificios por un importe de 46.725,55 euros: Boa, Ousoño, Barro e a Ponte de San Francisco. Unhas actuacións que serán financiadas con cargo ao remanente de Tesourería do Concello de Noia e que foron aprobadas no pleno do pasado mes de setembro.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial