Noia mellora o saneamento do concello

0

Noia, 17 de xuño do 2019 –  O Concello de Noia está a mellorar os colectores de saneamento na intersección entre Devesa do Marqués e a pista de Corral de Ousoño.

Unhas obras de saneamento acometidas con fondos propios a través da brigada municipal de Obras e que se prevé que estean rematadas ao longo da próxima semana.

obras de saneamento en NoiaO concelleiro de Obras en funcións, Martín Fernández Godón, explica que “dende hai tempo producíanse episodios de afundimento no firme debido ao mal estados dos colectores nesta intersección, con continuas filtracións cara o terreo. Con estas obras pretendemos solucionar definitivamente unha problemática para os veciños e veciñas da zona”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial